Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Axencia de Doazón apela a doar sangue nas súas unidades móbiles distribuídas polas catro provincias

A Axencia de Doazón apela a doar sangue nas súas unidades móbiles distribuídas polas catro provincias

Estará dispoñible do 23 ao 29 de novembro

G24.gal 19/11/2026 13:42

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fixo un novo chamamento a doar sangue nas súas unidades móbiles distribuídas polas catro provincias galegas do 23 ao 29 de novembro.

Nun comunicado, lembra a importancia de doar sangue e, en concreto, incide en que son necesarias máis de 400 doazóns cada día. Para iso, apela a facelo nalgunha das dez unidades móbiles que percorren diariamente os concellos galegos.

Así, na provincia da Coruña estarán o día 23 en Fene, na cidade herculina, en Ames e en Carnota, mentres que o día 24 estarán de novo na urbe coruñesa, en Coristanco e en Santiago, con desprazamento nos días posteriores a outras localidades como O Pino, Ortigueira ou As Pontes.

O mesmo se repetirá nas outras provincias galegas, con presenza en Lugo cidade, en Barreiros, en Rábade ou en Palas de Rei, entre outros. En Ourense, haberá unidades móbiles en localidades como a propia cidade, pero tamén no Barco de Valdeorras e no Carballiño. En Pontevedra estarán, entre outros lugares, en Vilanova de Arousa, en Portonovo, na Estrada ou en Salvaterra de Miño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade