Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Santiago denuncian vandalismo no edificio do Ensanche onde hai un narcopiso

Veciños de Santiago denuncian vandalismo no edificio do Ensanche onde hai un narcopiso

Os residentes na zona están fartos de reparar os estragos dos drogadictos

Teñen medo de entrar ou saír da casa polo que se poidan atopar

O edificio vandalizado está situado no número 5 da rúa Santiago de Chile
G24.gal 10/11/2026 15:33

Os veciños do edificio do Ensanche de Santiago onde hai un narcopiso están cansos de denunciar diante da Policía os estragos que se atopan a diario no inmoble.

"A primeira vez que romperon a porta si que escoitei como rompeu o cristal, claro andaban asi a portazos, bum, bum e nunha delas ai vai o cristal", conta unha das estudantes que vive no edificio

Alá van unha, dúas, tres e, coa desta semana, 4 veces que os veciños deste inmoble se atopan co portal roto.

 "Lamentablemente imos a unha por mes ultimamente. É un tema moi grave porque levamos con isto, van para alá 5 anos, xa se está convertendo no segundo banco do pobre pola cantidade de tempo que levan exercendo o tráfico de drogas sen que ninguén lle poña remedio e os veciños xa están desperadísimos, vamos", explica Xosé Manuel Durán, presidente da asociación veciñal Raigame.

Angustia cada vez que entran e saen do edificio porque nunca saben con quen se van atopar.

 "Non é de gusto chegar á casa e que che teña que acompañar teu pai arriba porque levas moitas cousas, por non atoparte con ninguén ou chegar aquí e ver unha persoa berrando e non poder abrir a porta", continúa a rapaza

"Ameazaron os veciños con estiletes, feitos con varas de paraugas, entón eles xa están pensando, o que pode, está pensando en mudarse de aí, non?", apunta Xosé Manuel.

Un dos ascensores non se atreven nin a collelo. É o que máis usan os drogadictos.

 "Eu de toda a xente coa que teño subido sempre me din: 'Podemos subir contigo?', si, claro non problema, pero nunca collemos o segundo", lamenta a estudante

As denuncias á policía son incontables e os veciños, cansos da situación, optaron pola vía xudicial contra a propietaria da vivenda onde supostamente se fan negocios ilícitos.

 "Se a min agora me apetece montar un negocio no meu piso non me deixan, é máis teño que pagar impostos  por esa actividade, non sei por que non se trata a todo o mundo igual", quéixase unha veciña do inmoble.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade