Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous detidos en Ourense por tráfico de drogas na zona vella

Dous detidos en Ourense por tráfico de drogas na zona vella

Con este operativo a policía dá por desartellado un punto de venda de estupefacientes a pequena escala

G24.gal 06/11/2026 17:34

A Policía Nacional de Ourense detivo a un home e unha muller como presuntas autoras dun delito de tráfico de substancias estupefacientes, unha operación con la que dá por desmantelado un novo punto de venda de drogas no centro histórico da cidade.

Segundo informou a comisaría provincial, a investigación enmarcouse dentro dun dispositivo específico para a detección e desarticulación de puntos negros de venda de estupefacientes na cidade, no que se detectou o tráfico de estupefacientes nunha rúa do centro histórico.

Desprazados ata o lugar, os axentes comprobaron a existencia dun punto negro de venda a pequena escala de substancias estupefacientes como cocaína e heroína, no cal os detidos quedaban cos compradores no interior do edificio onde se realizaba a transacción e outras veces guindaban as substancias desde a fiestra da vivenda.

No rexistro efectuado nunha vivenda do centro histórico, os axentes incautáronse de diversas substancias estupefacientes, en concreto máis de 70 gramos de cocaína, heroína, haxix, así como de diñeiro en metálico. Os detidos foron postos a disposición do Tribunal de Instrución número tres de Ourense, quen coordinou e dirixiu as actuacións dos axentes no marco da operación policial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade