Cargando resultados...
Ferido o condutor dun camión que saiu da vía na autoestrada AP9 en Vigo
O accidente produciu retencións quilométricas na AP-9
G24.gal
06/11/2026 17:46
Última actualización 06/11/2026 17:56
Un home de 44 anos, resultou ferido leve ao saír da vía co seu camión no quilómetro 159 da autoestrada AP-9, ao seu paso por Vigo e en dirección Tui.
O accidente provocou retencións e problemas de circulación á altura da parroquia de Cabral.
O sinistro ocorreu sobre as 16.20 horas da tarde deste venres.
A cabeza tractora dun camión saiu da vía e atravesou a mediana da autoestrada. Por este motivo, avisouse a Urxencias Sanitarias 061-Galicia e á Garda Civil, que se desprazaron ata o punto.
O incidente provocou quilómetros de retencións na estrada, nos dous sentidos.
Os servizos de mantemento da vía atópanse no lugar e activáronse os paneis informativos.