Identifican o xenotipo racial do can de palleiro
A investigación ofrece base científica para a identificación, conservación e recuperación da raza
O can de palleiro é unha raza en auxe para a que actualmente hai lista de agarda
Arredor do can de palleiro aínda hai certa confusión e descoñecemento.
A importación de cans nos anos 50 levou a cruzamentos indiscriminados, pero a finais dos 90, coa raza case extinta, comezou un longo traballo de recuperación, e moitos agora xa o teñen claro.
Agora un estudo permitiu identificar os marcadores de ADN exclusivos do can de palleiro, achegando unha base científica para a identificación, conservación e recuperación da raza.
"É unha raza xeneticamente diferenciada do resto e que podemos con marcadores xenéticos distinguir do pastor alemán que é a raza máis próxima", explica Paulino Martínez, catedrático de Xenética da USC.
Actualmente hai un 2.400 exemplares identificados, pero a súa demanda está en auxe. O can de palleiro está entre os cans máis buscados en Galicia, e hai lista de agarda para facerse con un.
"Enfocouse moito o traballo a sentir orgullo dunha raza autóctona que nós tiñamos aquí e agora mesmo temos uns 120 nacementos anuais", relata o presidente do Club Raza Can de Palleiro, Daniel Conde.
Agora dun xeito científico poderase demostrar cales son cans de palleiro, unha raza de cans pastores propios de Galicia, únicos e diferenciados.