Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un veterinario de Ourense utiliza a acupuntura en cans para mellorar a dor crónica e a mobilidade

Un veterinario de Ourense utiliza a acupuntura en cans para mellorar a dor crónica e a mobilidade

Sergio Moreno leva 20 anos aplicando esta técnica e asegura que dá moi bos resultados

As sesións duran 15 minuitos e fainas a domicilio porque os animais, que adoitan ser de avanzada idade, están máis cómodos na casa que nunha clínica

Vemos como trata a Tigre, un can de 13 anos e medio e que mellorou grazas a este tratamento complementario

A acupuntura é unha técnica complementaria para aliviar a dor crónica e mellorar a moblidade dos cans maiores.
G24.gal 29/10/2026 19:08 Última actualización 29/10/2026 19:33

A acupuntura é unha técnica milenaria empregada en Oriente para aliviar a dor crónica asociada á artrose. Aplícase ás persoas, pero tamén aos cans, sobre todo nos de maior idade e con problemas de mobilidade e dor. En Ourense, un veterinario leva 20 anos aplicando esta técnica a domicilio, e asegura obter resultados moi positivos. 

"Este é Tigre, que xa é velliño e desde hai uns tres anos empezou con probelmas de mobilidade e tratámolo con acupuntura para que mellore e poida manterse polo menos con calidade de vida camiñando ben", explica o acupuntor e veterinario Sergio Moreno. 

A familia de Tigre, con trece anos e medio, buscaba sobre todo, un xeito de aliviarlle a dor. Foi o seu veterinario o que lles recomendou a Sergio. É dos poucos que utiliza a acupuntura e a electro-acupuntura para tratar os cans con problemas. 

José Luis Rico é o dono e o mellor amigo de Tigre: "Saíu o tema de buscar algunha alternativa á típica analxesia e antiinflamatorios e moita medicación, e o obxectivo era mellorar a funcionalidade e a mobilidade nas patas traseiras e a dor evidente nas patas dianteiras". 

"A acupuntura na rehabilitación serve practicamente para todo, á hora de quitar a dor crónica e inflamación traballan moi ben. O normal é que deixen de tomar medicación se están tomando para a dor", asegura Moreno.

"Efectivamente deixamos a analxexia, e a medio prazo a mellora é evidente. Contentos e seguiremos así para darlle mellor calidade de vida o cadelo".

 "El normalmente queda relaxado durante toda a sesión e tamén xa se ve que na casa está máis cómodo que na clínica, é máis cómodo para os cans cando son maiores que normalmente é o caso e pesan moito"

"Para el agora mesmo, é unha sesión de ioga. Si que notamos unha mellora", asegura José Luís Rico. 

 

Despois de 15 minutos de sesión, Tigre remata traquiliño e completamente relaxado á súa casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade