A Audiencia Provincial condena a 14 anos de cárcere o home que estrangulou a súa muller na Coruña
Ademais de ir a prisión, terá prohibido residir no concello da Coruña durante 21 anos
O xurado declara culpable de homicidio o acusado de matar a súa muller na Coruña en 2024
O condenado durante o xuízo
A Audiencia Provincial da Coruña condena a 14 anos de cárcere o home que matou a muller na avenida de Gran Canaria, na Coruña, en agosto de 2024.
A sentenza considera probado que "a convivencia entre o matrimonio estaba deteriorada desde había tempo e iso como consecuencia, esencialmente, do trato vexatorio e denigrante que o acusado dispensou á súa esposa, aínda que ela non o denunciara".
O día dos feitos, segundo o fallo, cando a vítima se atopaba nunha situación de embriaguez e sen ser capaz de erguerse do chan, "estrangulouna coas mans".
O home foi acusado dun delito de homicidio, coa concorrencia das agravantes de xénero e de parentesco e dun delito contra a integridade moral, coa concorrencia das agravantes de parentesco e de xénero e da atenuante de confesión.
Ademais de ir a prisión, terá prohibido residir no termo municipal da Coruña durante 21 anos e terá liberdade vixiada unha vez cumprida a pena.
A sentenza non é firme, pois pode ser recorrida ante o TSXG.