Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Un señor que estaba de pé saíu voando e había xente berrando debaixo dos ferros"

"Un señor que estaba de pé saíu voando e había xente berrando debaixo dos ferros"

24 horas despois, as persoas que ían nos convois empezan a verbalizar o horror das primeiras horas 

O impulso de axudar volveu xurdir desde o principio na traxedia ferroviaria de Urda

As feridas físicas van cicatrizar, o peor van ser as emocionais
G24.gal 29/10/2026 15:07

Os superviventes do sinistro de trens de Urda empezan a contar o que viviron.

"Literalmente non me podo nin mover da contusión, o nocello, o pulso, a cabeza, o cóccix, pero obviamente danos menores con respecto a todo o que vexo e a todo o que vin, non?", explica unha rapaza que sobreviviu ao accidente.

Magoados, conmocionados pero vivos. A voz québrase recordando o inferno.

 "É horrible".

"Era dantesco, era como unha guerra".

"Logo ao saír e ver o que había noutros...", apuntan outros

Eles son os superviventes, testemuñas do horror que se viviu no interior dos vagóns. Teñen na súa cabeza fotografías do instante, imaxes que tardarán moito en afastar dos seus pensamentos.

"Os primeiros vagóns completamente calcinados, berrando, nenos sangrando, de verdade, terrible".

"Había un señor de pé que saíu voando".

"Moita xente atrapada, moita xente debaixo dos ferros berrando, pedindo auxilio".

"Puxémonos moi nerviosos, de súpeto levantámonos, vimos que unha porta se abría, vemos unha porta e baixamos todos. Unha rapaza pedía por favor que non baixaramos, pero era como que nos tiñamos que ir de alí".

"Eu estaba como obsesionado porque vía como o vagón inclinado e parecíame que ía caer ao terraplén, entón intentei con outra xente estimular a todo o mundo para saír o antes posible, había xente que se podía sacar mellor e outras peor, había en concreto unha azafata do AVE que estaba deitada e dicía que sentía que tiña rotos unha perna e un brazo e non se podía mover".

"Intentamos romper unha fiestra porque tiñamos a angustia de querer saír canto antes porque se nos pasaban cousas pola cabeza, un lume ou particularmente temín que viñese outro vehículo", explican os que puideron saír polo seu propio pé.

24 horas despois a tristeza da paso á incomprensión e á rabia.

"Unha mestura de sensacións de impotencia, de rabia, tristeza"

"Tiña unhas ganas de vomitar, eu cría que esvaecía, pero a adrenalina non che deixa nin esvaecer. Unha das cousas que dicía é ata cando, cando é a seguinte, outra vez?, outra máis?, cantos mortos precisan para que alguén entenda que isto non pode seguir así, en que país vivimos", reflexionan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade