Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a aparición de restos óseos humanos na costa de Noia

Investigan a aparición de restos óseos humanos na costa de Noia

A Garda Civil recolleu os restos e determinouse o seu traslado ao Imelga para coñecer canto tempo levarían no mar, a súa procedencia e se hai indicios dalgún delito

Turismo de Galicia Turismo de Galicia
G24.gal 29/10/2026 14:32

A Garda Civil abriu unha investigación tras a aparición duns restos óseos humanos no litoral de Noia, que foron localizados por un particular.

Segundo informaron fontes da Comandancia, o achado foi realizado este mércores ao mediodía por un veciño que estaba a pasear pola zona da Barquiña e que, coa baixamar, observou na ribeira o que parecían un cranio e outros ósos.

A Garda Civil recolleu os restos e determinouse o seu traslado ao Imelga para coñecer canto tempo levarían no mar, a súa procedencia e se hai indicios dalgún delito.

O achado tamén se puxo en coñecemento do Xulgado de Noia. Así, a maxistrada da praza 1 de Noia abriu dilixencias previas á espera de recibir o informe do patólogo do Imelga, segundo sinalaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que tamén apuntaron que "en principio, todo parece indicar que son ósos humanos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade