Xulgan dúas mulleres por ameazar traballadores do HULA ao tentar roubar papel hixiénico
Foron sorprendidas mentres intentaban roubar na capela do Hospital Lucus Augusti e descubriron que levaban agochados rolos de papel hixiénico ocultos nun carro
Dúas mulleres, cuñadas entre si, foron xulgadas en Lugo acusadas de roubo con intimidación. A Fiscalía solicita un ano de prisión para cada unha das procesadas, que intentaron roubar na capela do Hospital Lucus Augusti (HULA) e que foron sorprendidas cun bo montón de rolos de papel hixiénico que subtraeran dos aseos do hospital.
Foron interceptadas por traballadores do centro hospitalario, que foron obxecto de graves ameazas por parte das procesadas. Os feitos aconteceron en agosto do 2023 e foron xulgados este mércores no Tribunal Penal de Lugo.
A pena dun ano de cadea solicitada pola Fiscalía é por un delito de roubo con intimidación. Non se pide responsabilidade civil porque os obxectos subtraídos, incluídos os rolos de papel hixiénico foron recuperados no mesmo momento que as colleron na allada.