Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban cable de media tensión en dous serradoiros de Alfoz e Lourenzá

Rouban cable de media tensión en dous serradoiros de Alfoz e Lourenzá

O roubo afectou a produción da fábrica, que estima os danos en máis de 500.000 euros

G24.gal 27/10/2026 14:10

Todo aconteceu de noite, sen que os veciños da zona se decataran de nada. Os ladróns asaltaron as instalacións que unha empresa cántabra ten no concello lugués de Alfoz. Os autores centráronse en roubar o cable de media tensión, cun alto valor no mercado, e arrincaron o cable de varias máquinas. Ademais levaron tamén un vehículo da empresa e outro dun veciño da zona que estaba estacionado nas inmediacións.

Algo semellante pasou tamén nestas outras instalacións que a mesma empresa ten no veciño concello de Lourenzá, e onde o roubo de cable foi de máis de 500 metros de lonxitude.

Agora a Garda Civil está a investigar os feitos e a empresa está a realizar a valoración dos danos, que se estiman inicialmente en máis de 300.000 euros.

Ademais do roubo de cable e dos danos materiais causados nas instalacións, o roubo deixa tamén importantes prexuízos económicos. A falta de cable afectou ao funcionamento das máquinas e enviaron á casa por vacacións máis dunha trintena de traballadores.
Unha parte do material roubado foi recuperado nunha zona de monte próxima, onde quedara escondido probablemente coa idea de ir buscalo noutro momento.

Nos últimos meses rexistráronse preto dunha ducia de roubos en varios serradoiros galegos tanto da provincia de Lugo coma da Coruña e Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade