Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Cee por atacar unha muller con gas pementa durante unha pelexa

Detido en Cee por atacar unha muller con gas pementa durante unha pelexa

O home está investigado por un posible delito de violencia de xénero e pesa sobre el unha orde afastamento sobre a vítima

G24.gal 27/10/2026 14:45

As cámaras de videovixilancia serán clave para aclarar que foi o que pasou realmente nunha terraza de Cee. Unha muller denunciou que se achegou para reclamar unha cazadora que, segundo ela, era súa e que levaba posta outra muller que estaba cun home. A discusión subiu de ton e, segundo a súa versión, o home empurrouna, golpeouna e regoulle a cara cun spray de gas pementa, polo que precisou asistencia médica.

Foi trasladada ao hospital Virxe da Xunqueira, onde quedou en observación polo efecto do gas.

A versión do acusado é ben distinta, mantén que foi a muller a que empezou a agresión é só empregou o gas pementa para defenderse. Sobre el pesa unha orde de afastamento da vítima, imposta polo xulgado de Corcubión, como medida cautelar, á espera de que remate a investigación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade