Publicador de contidos

Publicador de contidos

O conselleiro de Educación presenta aos sindicatos o plan de convivencia escolar

O conselleiro de Educación presenta aos sindicatos o plan de convivencia escolar

As centrais apoian sancionar agresións, pero dubidan sobre a súa implantación

A Xunta establece sancións de ata 15.000 euros por agresións ao profesorado

G24.gal 14/10/2026 07:30

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presenta este mércores aos axentes do sistema educativo as novas medidas de impulso á convivencia aprobadas este martes polo Consello da Xunta.

O Goberno galego establecerá sancións de ata 15.000 euros por agresións a profesores e profesoras, que se canalizarán a través dunha nova Oficina de Apoio ao Profesorado en que tamén se analizará se procede denunciar os casos ante a Xustiza.

CSIF, ANPE, CC.OO e UXT valoran de forma positiva que se articulen medidas dirixidas a apoiar a autoridade do profesorado. CIG-Ensino cualificou de "publicitaria" a imposición de multas de ata 15.000 euros ante agresións a docentes.

As centrais ante a actuación da normativa de convivencia

CC.OO e UXT reclaman que o desenvolvemento da norma pase polas mesas de negociación e tanto ANPE como CSIF esixen garantías para que a protección sexa "real e efectiva".

Estas novas medidas materializaranse na lei de medidas fiscais e administrativas que acompañarán á lei de Orzamentos de 2027, a través da que se actualizarán a lei e o decreto de convivencia nas aulas.

O representante de CC.OO, Borja Campos, valorou positivamente que haxa medidas de protección ao persoal docente, aínda que remarcou que a proposta "debería pasar polas diferentes mesas de negociación" coa representación sindical.

"Espero que teñan decencia de pasalo pola Mesa Sectorial antes de aprobalo. Gustaríanos saber con detalle en que consistirían estas medidas, entendo que fai falta unha modificación normativa, está ben que se actualice e se de unha maior cobertura ao profesorado, pero gustaríanos estidiarlas con detalle", aseverou Cristóbal Salgueiro, de UXT.

Pola súa banda, a secretaria nacional da CIG-Ensino, Laura Arroxo, mostrouse "moi sorprendida" polo anuncio ao non ter noticias previas. Sobre a regulación da intelixencia artificial, criticou que a plataforma 'Edixgal' xa incorpora unha aplicación de IA sen estar acoutada, lamentando que "o implantan e logo queren regular".

Respecto ás medidas ante o acoso escolar, Arroxo insistiu en que é necesario atallar o problema antes de recorrer ao cambio de centro do estudante, sinalando que en vilas con pouca poboación esta opción "non é realista" ao non dispoñer de alternativas e afirmando que "a solución non está en cambiar a pelota dunha portería a outra".

En representación de ANPE, Julio Trashorras sinalou que ven "positivo todo o que supón un reforzo real da autoridade do profesorado". Trashorras encadrou estas accións na necesidade dunha campaña máis ampla para "recuperar o prestixio social" da profesión, no entanto, demandou que as medidas non queden nun "brinde ao sol" e que a oficina de protección ao profesorado constitúase de forma "real, eficaz, rápida e áxil".

Pola súa banda, a representante de CSIF, Rosa Silva, valorou "de forma positiva" a actualización normativa e o castigo ás agresións. Silva advertiu de que no seu servizo 'CSIF Axuda Profes' constatan unha "preocupante proliferación" de condutas violentas, acoso, ciberacoso e faltas de respecto nas aulas.

As condutas contrarias á convivencia vanse graduar en tres niveis de gravidade, en lugar dos dous actuai coa súa correspondente intensidade de resposta educativa.

A regulación abarca tamén a creación ou manipulación mediante intelixencia artificial (IA) de contidos que afecten a estes dereitos. 

No caso concreto de situacións de acoso e ciberacoso establécese, con carácter xeral, o cambio de centro nos ensinos obrigatorios ou a perda do dereito para continuar escolarizado no centro nos restantes ensinos, para quen cometa esta conduta. 

Ao tempo, fixarase un novo réxime administrativo de infraccións e sancións para protexer o profesorado dos centros docentes públicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade