Publicador de contidos

Publicador de contidos

O profesorado da concertada maniféstase en Santiago: "Levamos 17 anos esperando"

O profesorado da concertada maniféstase en Santiago: "Levamos 17 anos esperando"

Pídenlle á Consellería de Educación melloras salariais e unha menor carga lectiva, en liña co logrado polos docentes do ensino público

G24.gal 06/10/2026 13:41

Profesores e persoal administrativo dos centros de educación concertada de Galicia manifestáronse este martes en Santiago de Compostela para esixir á Consellería de Educación melloras salariais e unha menor carga lectiva, en liña co logrado polos docentes do ensino público.

Os docentes esixen á Consellería que convoque de xeito urxente a mesa tripartita de negociación e que estableza unha data para que se empecen a cumprir as melloras laborais e salariais que esixen. "Levamos dezasete anos esperando por algúns acordos", afirma a secretaria federal da Federación de Sindicatos Independentes de Ensino (FSIE Galicia), Yolanda Benito.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, sinalou que o seu departamento "ten unha responsabilidade directa sobre o seu profesorado", e que o profesorado do ensino concertado, "aínda que están en pago delegado, son responsabilidade desde o punto de vista contractual e laboral doutras organizacións".

Esta mañá os docentes percorreron en manifestación a distancia entre a Alameda compostelá e a sede da Xunta de Galicia no complexo administrativo de San Caetano baixo unha copiosa choiva.

Os profesores e o persoal do ensino concertado teñen previsto levar a cabo un calendario de xornadas de folga durante os próximos meses.

A terceira xornada de paro será o día 10 de novembro se non logran avances nas súas reivindicacións. A esta seguirá o 15 de decembro "en caso de manterse o bloqueo nas negociacións coa Xunta". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade