Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden unha limpeza urxente e exhaustiva dos leitos dos ríos Basterio e Belelle de Neda

Piden unha limpeza urxente e exhaustiva dos leitos dos ríos Basterio e Belelle de Neda

Temen volver a sufrir asolagamentos nas súas vivendas

Denuncian tamén un problema de saúde pública porque na zona proliferan ratas e insectos

G24.gal 06/10/2026 14:04

"Se vén alguén por aquí e non coñece a zona pensa que non hai río". "Isto parece unha selva todo".

"Por mor da vexetación que temos, hai varios tapóns ao longo do río e, se comeza a chover, poden causarnos moito dano aos veciños", asegura Jorge López Pena, presidente da Asociación de afectados Basteiro-Belelle.

É a queixa dos veciños que en novembro do 2023 sufriron as consecuencias das riadas tras o desbordamento do río Basteiro que deixara unha vintena de vivendas danadas. Coa súa protesta queren evitar que este grave episodio se repita.

"Tivemos o grave problema no 2023, desde aquela fixéronse varias actuacións grazas a Augas de Galicia. Pero a problemática que temos agora é que  todos os anos hai que facer unha limpeza dos ríos. Pero se limpou o ano pasado moi mal e agora aquí hai unha vexetación que nalgúns sitios chega aos 2 metros", engade López Pena.

E por isto non fose dabondo, denuncian tamén un problema de saúde pública.

"O problema é a flora e a fauna que temos dentro, que parece do peor bosque que podemos imaxinar. Ratas que semellan gatos, insectos...", conclúe o presidente da Asociación de afectados Basteiro-Belelle.

Desde o Concello explicáronnos que malia que non é a súa responsabilidade, van limpar os ríos como o veñen facendo todos estes anos. E din que os traballos comezarán de inmediato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade