Publicador de contidos

Publicador de contidos

A espera de xuízo dous irmáns acusados de darlle unha malleira a un descoñecido en Pontevedra

A espera de xuízo dous irmáns acusados de darlle unha malleira a un descoñecido en Pontevedra

A audiencia preliminar rematou sen acordo de conformidade

A fiscalía pide para cada un dos procesados cinco anos de cadea por un delito de lesións con agravante de aleivosía

G24.gal 06/10/2026 13:55

Os dous irmáns procesados por darlle unha malleira e deixar ferido grave outro home nunha discoteca de Pontevedra terán que volver sentar no banco dos acusados cando se celebre o xuízo. Esta mañá remataba sen acordo de conformidade a audiencia preliminar da vista.

Os feitos que se xulgan sucederon na madrugada do 31 de outubro do 2021. Parece que a vítima agardaba na barra do establecemento a ser atendido, cando mativo unha discusión cun dos acusados. 

Segundo o escrito do fiscal, o home, de 43 anos, recibiu un empuxón primeiro e un forte puñazo na cabeza despois. Finalmente, o irmán do seu agresor interveu para continúar mallando nel. 

Como consecuencia dos golpes, o agredido tivo unha fractura de cranio e hemorraxia cerebral, que lle deixaron diversas secuelas. 

A fiscalía pide para os presuntos autores cinco anos de cadea por un delito de lesións con agravante de aleivosía e máis de 80 mil euros de indenminación.

O xuízo celebrarase na Audiencia Provincial de Pontevedra nunha data próxima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade