Publicador de contidos

Publicador de contidos

Folga de fieis en Ordes polo traslado do cura Fermín Santiago

Folga de fieis en Ordes polo traslado do cura Fermín Santiago

O párroco dixo que marcha por motivos persoais, pero os fregueses non o cren

Acordaron abandonar a misa deste domingo en sinal de protesta

 

 

G24.gal 02/10/2026 14:19

Baixo o lema "Don Fermín queda con nós" este singular comité de fieis decidiu ir á folga na misa do domingo.

Semella que nesta folga non serán precisos os piquetes. Todos queren manifestar o seu desacordo co traslado do párroco.

O propio Fermín explicou que a súa marcha a Catoira e Valga débese a motivos persoais. Pero os fieis non o cren. Mesmo redactaron unha queixa formal ante o arcebispado de Santiago. 

A protesta terá lugar nas igrexas de Montaos e Parada, en Ordes, e a de Numide, en Tordoia, está pendente de confirmación. Todo apunta a que a folga terá un seguimento masivo. Veremos se dá resultado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade