Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupación entre os hostaleiros de Valdoviño polos roubos en cinco locais

Preocupación entre os hostaleiros de Valdoviño polos roubos en cinco locais

Os ladróns levaron a recadación da caixa e non causaron danos no interior dos locais

G24.gal 02/10/2026 14:39

Reptando polo chan para evitar ser gravado polas cámaras de seguridade. É a imaxe que nos deixa a fuxida do ladrón que levou do hotel Torre de Lago, en Valdoviño, a recadación da caixa.

"Soou a alarma ás tres da mañá pero non parecía nada. E cando chegamos estaban os cilindros das portas rebentados", explica Manel Sanmartín.

Máis obstáculos tiveron que sortear no caso de Casa Marino.

"Saltaron o muro para acceder á terraza. E desde aí forzaron a porta que da á cociña para entrar no local", indica Fernando Rico.

Sen causar máis danos, levaron a recadación da caixa e os cartos da lotaría dunha peña da zona.

"Só levaron os cartos. Viñan a tiro fixo", di Fernando Rico.

A Garda Civil ten aberta unha investigación para dar cos responsables dos roubos. Foron cinco en total, o que causou preocupación na zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade