Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recuperan un touro e unha egua que desapareceran de forma sospeitosa en Oia

Recuperan un touro e unha egua que desapareceran de forma sospeitosa en Oia

Os donos cren que llos roubaron e que os acabaron liberando pola repercusión da súa alerta nas redes

G24.gal 02/10/2026 15:00

David Carpintero e Luanna Álvarez levan uns meses vivindo en Burgueira. Mudáronse e este lugar do alto da Serra da Groba, en Oia, onde abundan as mandas de vacas e cabalos, porque eles tamén pretenden converterse en gandeiros. 

O seu obxectivo é unha explotación de vacún das razas autóctonas limiá e frieiresa. Mentres avanzan cos trámites, o pequeno touro e unha egua, son como mascotas que acoden acotío á chamada dos seus amos.  

Pero hai uns días, nin Tori nin Saeta cumpriron co ritual habitual de ir buscar o pan que lles ofrecen a primeira hora da mañá. 

"Cremos que foi un roubo porque o portón quedou aberto xusto o que ocupa a traseira dun remolque xusto para cargalos".

Pensan que houbo intervención allea esa noite por como estaba o portón e tamén por como reaccionaron os animais cando por fin os atoparon despois de intensas batidas veciñais polo monte. 

A Garda Civil pechou a denuncia ao aparecer os animais ao cabo dunhas horas e atribuíu a apertura do vello portón aos efectos do temporal desa noite, pero David e Luanna están convencidos de que Tori e Saeta están de novo na casa porque os posibles ladróns os soltaron ao ver a repercusión que tivo a alerta que lanzaron nas redes. Recoñecen que a experiencia os removeu moito, pero agardan que non tanto coma para renunciar o seu soño de ser gandeiros. Contan empezar, de entrada, cun mínimo de 35 cabezas. 

Toritori e Saeta son coma as mascotas da casa e están sempre xuntos Toritori e Saeta son coma as mascotas da casa e están sempre xuntos
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade