Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo urxe a Sánchez a poñer data ás eleccións : "Estou listo"

Feijóo urxe a Sánchez a poñer data ás eleccións : "Estou listo"

O líder dos populares acusa ao presidente do Goberno de utilizar a vivenda para "facer manobras electorais" e di que este venres se viviu unha das xornadas "máis vergoñosas" da lexislatura

Alberto Núñez Feijóo nunha conferencia de prensa no Congreso este venres. Jesús Hellín/Europa Press.
G24.gal 02/10/2026 16:37

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, acusou este venres ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de utilizar o problema da vivenda para facer "manobras electorais" e urxiulle a poñer data, canto antes, ás eleccións xerais.

"As únicas saídas decentes e democráticas son a convocatoria de eleccións e que non se garde moito máis a data", afirmou o líder popular nunha rolda de prensa no Congreso.

Ante a eventualidade de "pillar a oposición desprevida", engadiu o líder do PP, a formación está "preparada" e el está "listo".

"Por min que convoque cando queira e por España que convoque canto antes", engadiu Alberto Núñez Feijóo.

O presidente do PP asegurou que este venres se viviu unha das xornadas "máis vergoñosas" da lexislatura, despois de que o Congreso tombase os dous decretos sobre vivenda aprobados o pasado martes polo Consello de Ministros.

O pleno rexeitou coa maioría parlamentaria que suman o PP, Vox, Junts e UPN, o decreto lei de vivenda que contiña medidas como a prorroga dos alugueiros, os topes ás rendas, a limitación de compra aos "fondos voitre" e beneficios fiscais para caseiros e inquilinos.

Tamén rexeitou, por 166 votos a favor e 184 en contra, o decreto que introducía en España a renovación automática dos contratos de alugueiro e que estivo en vigor apenas dezaseis horas.

"Todo é propaganda e bandeira electoral"

Feijóo acusou a Sánchez de usar o problema da vivenda "para facer manobras electorais" e afirmou que co real decreto que hoxe se votaba, o desafiuzamento de Maricarmen "se produciría exactamente igual". "Todo é propaganda e bandeira electoral", insistiu.

Por tanto, engadiu, se o presidente "necesitaba un relato para convocar eleccións e así intentar tapar a corrupción que aínda non coñecemos, adiante" e "que poña data" reiterou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade