Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ano do crime da Matavellas no barrio de Monelos, na Coruña

Un ano do crime da Matavellas no barrio de Monelos, na Coruña

 O suceso conmocionou a cidade e devolveu á actualidade a Remedios Sánchez, unha coñecida asasina en serie de anciás que hai vinte anos matou tres mulleres en Barcelona

G24.gal 02/10/2026 14:45

Un 3 de outubro de 2025 o coruñés barrio de Monelos espertaba coa morte dunha veciña de 91 anos. O que nun principio parecía morte natural, unha caída no baño mentres presuntamente tinguía o cabelo, deu axiña un xiro inesperado.

As cámaras de vixilancia que a familia instalara na casa e mesmo pegadas súas sinalaron directamente a Remedios Sánchez, galega, de Boimorto, no cárcere de Teixeiro cumprindo condena por asasinar tres anciás e intentalo con outras cinco.

Ocorrera en Barcelona, case 20 anos antes. Volveu actuar, desta volta na Coruña, aproveitando un permiso penitenciario. Utilizou o mesmo "modus operandi" que no pasado, cando residía en Barcelona: gañaba a confianza das anciás, entraba na casa coa escusa de axudalas, roubáballes cartos e matábaas.

Cando vai facer un ano do último crime, a coñecida como Matavellas cumpre condena no cárcere de Mansilla de las Mulas, en León. Alí mantén silencio. Á espera de que haxa data para o xuízo, agárdase con expectación unha explicación. En 2006 escoitámola dicir isto.

Mesmo inventou unha personaxe, a Mari, a quen intentou culpar dos asasinatos. Daquela de pouco lle serviu. Caéronlle 144 anos de prisión, polos que aínda cumpre condena. Para cando haxa xuízo polo crime de Monelos a defensa intentará evitar que a acusación pida a prisión permanente revisable. Moitas incógnitas para unha causa que se xulgará, previsiblemente, en 2027. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar