Así actuou a Matavellas no asasinato do que se lle acusa na Coruña
As imaxes, nas que se ve a suposta asasina e a súa vítima, son exclusivas da Televisión de Galicia
Cumpría unha condena de 144 anos de cadea en Teixeiro, e todo sucedeu durante un permiso
Fixéronse públicas as imaxes da cámara de seguridade da última vítima do caso de Remedios Sánchez, coñecida como a Matavellas.
Cumpría unha condena de 144 anos de cadea en Teixeiro. En outubro de 2025, durante un permiso, gañou a confianza dunha anciá coruñesa e, presuntamente, acabouna matando. Este mércores vemos por primeira vez as imaxes da escena do crime.
Imaxes da cámara de seguridade
A cámara de seguridade mostra o que aconteceu o día do crime: o 3 de de outubro, pouco despois da unha da tarde.
As fotos da mesa da cociña mostran os restos do que puido ser un momento compartido entre dúas amigas.
Pouco despois, á unha e media, vemos por primeira vez a acusada, Remedios Sánchez, coñecida como a Matavellas. Está de pé, e ata parece sorrir. Ningún xesto que alerte á vítima de que ante ela ten unha asasina en serie. Ás dúas da tarde, vemos as últimas imaxes da vítima con vida, preparando unha infusión.
Hai tamén imaxes do cuarto de baño. Os investigadores cren que se ofreceu a tinguirlle o pelo e que aproveitou este momento para asfixiala, xa que aquí foi onde apareceu o corpo. Non se volve ver a vítima nas gravacións das cámaras.
A que si se ve é a Remedios Sánchez. Ás tres e cuarto entra na cociña cunha toalla manchada do mesmo produto azul que vimos no baño.
Despois Remedios marchou coas xoais da vítima, coma este reloxo que levaba no pulso cando a detiveron. Na cela na que cumpría a condena de 144 anos de cadea, atoparon máis obxectos da vitima. Unhas lentes e un pendente que esqueceu no lugar do crime foron a proba definitiva de que Remedios cometera o crime.