Cargando resultados...
A volta ás andadas da "Matavellas?
Remedios Sánchez, sospeitosa de matar unha anciá nas Coruña mentres desfrutaba dun permiso penitenciario
Cumpre unha condena de 144 anos de prisión por matar tres mulleres en 2006
Antón Montero
25/10/2025 15:30
Última actualización 24/10/2025 18:54
No verán de 2006, unha galega, Remedios Sánchez, protagonizaba a crónica negra en España. En pouco menos dun mes, matou tres anciás e tentou facelo con outras cinco en Barcelona.
Condenada a máis de 140 anos de cadea, o seu nome volve estes días á actualidade: é a principal sospeitosa doutra morte acontecida mentres desfrutaba dun permiso penitenciario.