Publicador de contidos

Publicador de contidos

As cámaras de seguridade gravan o roubo nun bar de praia de Cambados

As cámaras de seguridade gravan o roubo nun bar de praia de Cambados

Nas últimas semanas producíronse varios roubos na parroquia de Castrelo e no Facho en Cambados

Diferentes colectivos veciñais difundiron mensaxes de alerta para que a veciñanza extreme as precaucións

A Garda Civil investiga dúas denuncias por roubo e unha por tentativa

As cámaras de seguridade do bar de praia A Telleira do Facho captaron o roubo
G24.gal 02/10/2026 13:47 Última actualización 02/10/2026 14:13

As imaxes das cámaras de seguridade do bar de praia A Telleira do Facho xa están en mans da Garda Civil. Recollen toda a acción dos ladróns. Tres homes coa cara tapada que entran no bar despois de rebentar o cadeado da porta. Unha vez dentro foron directos á caixa rexistradora. Como apenas había cartos, levaron mercadoría. Botellas de alcol e unha caixa de leite.

Semanas antes xa entraran tamén na igrexa de Santa Cuz de Castrelo. Intentaron primeiro forzar o enreixado da entrada principal e logo romperon unha ventá da sacristía para acceder ao templo, como relata Ana Beatriz Amoedo, a sacristá. Asegura que levaron máis de 600 euros da caixa e dos petos.

Os danos foron maiores ca o valor do botín e aínda non puideron reparalos. Os veciños aseguran que nas últimas semanas entraron polo menos en dous bares, dúas vivendas e un coche. Unha situación que puxo en alerta a poboación. Algúns mesmo relatan que xa implementaron medidas de seguridade nos seus negocios. 

Diferentes colectivos veciñais difundiron en redes sociais unha mensaxe de advertencia á poboación para que extremen as precaucións ou alerten de movementos estraños.

Na Garda Civil polo de agora só constan dúas denuncias por roubo e unha de tentativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade