Publicador de contidos

Publicador de contidos

Disfraces de película, e tamén menos elaborados, para cometer roubos

Disfraces de película, e tamén menos elaborados, para cometer roubos

Os ladróns recorren a técnicas do máis peculiar para cometer delitos 

G24.gal 01/10/2026 14:34

Así, camuflados como operarios do Servizo de Conservación de Estradas. Un home e unha muller de 37 e 42 anos de idade foron detidos pola Garda Civil tras realizar varios furtos de cable de cobre por valor de máis de 20.000 euros. O último no Pereiro de Aguiar.

Un modus operandi que se repite no historial delituoso noutros casos como o dos ladróns levaron maquinaria dunha empresa láctea de Rábade facéndose pasar por repartidores dunha coñecida firma de mensaxería.

O historial delituoso tamén nos deixa imaxes tan curiosas coma a dun home cunha perruca das malas, lentes e saia ata os pés. O que parecía unha broma resutou ser finalmente un atraco á man armada.

Hai quen aproveita a oportunidade de celebracións coma a Semana Santa para cometer roubos vestido de penitente e quen recorre ao clásico.

Máscara de látex, perruca e todo un arsenal de complementos que utilizaba un veciño de Arteixo para facerse co correspondente botín. En todos os casos as cámaras de videovixilancia son claves para que as investigacións policiais conclúan con éxito.

Unhas cámaras que tamén conseguiron gravar esta curiosa imaxe. Encollido dentro dunha bolsa de lixo, conseguiu un ladrón facerse cos dous cargadores de móbil que contiña un paquete depositado na porta dunha casa. O enxeño non ten límites.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade