Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sen luz en Meirás polo roubo de gasolina de dous xeradores eléctricos

Sen luz en Meirás polo roubo de gasolina de dous xeradores eléctricos

Roubaron en dous dos sete grupos electróxenos que suministran luz aos veciños durante as obras de mellora da rede

Os ladróns de combustible aproveitaron as horas de noite

Os roubos producíronse onte de madrugada
G24.gal 26/11/2026 14:50

Ocorre, cada vez con máis frecuencia, o roubo do combustible dos xeradores eléctricos instalados provisionalmente en zonas pouco vixiadas. O caso máis recente sucedeu onte na parroquia de Meirás, en Valdoviño.

"A raíz dunhas tarefas que está realizando Fenosa de mellora das infraestruturas eléctricas estaban cuns compresores auxiliares para dar servizo porque non estaban conectados á rede xeral ata que non finalicen todas as obras", explica Alberto González, alcalde de Valdoviño

Dous dos sete grupos elecctróxenos instalados deixaron de funcionar, e os veciños quedaron sen luz. Saltaron as alarmas ás cinco da madrugada.

"Foron comprobar e comprobaron que estaban rebentados os tapóns de gasolina e que extraera a gasolina directamente dos compresores", continúa o alcalde

"A miña parella levántase ás sete da mañá, e xa non tiña luz, e despois eu levanteime para vir traballar e seguiamos sen luz, seguiamos sen luz, de feito baixei ata aquí a ver se era problema da miña casa"

"Hoxe da zona esta que hai aquí da zona de abaixo, están aínda sen luz tamén non sei se é debido outra vez a unha avaría ou volveron roubar outra vez o gasóleo", relatan veciños de Meirás

Dende o Concello piden a colaboración cidadá por se algún veciño presenciou algún movemento sospeitoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade