Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os roubos en vivendas de Coirós disparan a preocupación e o medo

Os roubos en vivendas de Coirós disparan a preocupación e o medo

Temen que os ladróns coñezan as súas rutinas e teñan as súas casas vixiadas

Piden máis vixilancia policial

G24.gal 26/11/2026 14:25

A tranquilidade de abrir a porta da casa e saber que estás a salvo desapareceu en boa parte do concello de Coirós."A xente está preocupada. O problema é que si te pillan dentro da casa... non sabes como vas reaccionar ti nin como van reaccionar eles. Xa non é polo material senón pola túa integridade física".

Porque nos últimos días, os ladróns roubaron varias casas. Na parroquia de Collantes foron a, polo menos, dúas vivendas. Dunha, marcharon ás carreiras."Alumeáronos directamente cunha laterna grande e lograron escorrentalos. Remexen todo e o que queren son cartos e din que gasoil, tamén".

E noutra, en Coirós de Arriba. Sospeitan que os delincuentes poderían telos vixiados e coñecer os seus movementos antes de actuar."A unha das persoas tíñana vixiada porque aproveitaron que ía facer unha actividade ao centro social para entrarlle na casa. E é preocupante". "Como non vai haber medo? Porque debería haber máis vixilancia".

E non moi lonxe, no lugar de Montellos, en Betanzos, roubaron na gasolineira. "Viñan dous coas caras tapadas, delgados... xente nova. Forzaron a porta cunha pata de cabra, e estiveron  uns vinte minutos. Xa dentro levaron todo o cambio, 600 euros. E forzaron tamén a máquina do tabaco, pero non foron quen de abrila e non puideron levar os cartos", explica Ana María Naveira, encargada da gasolineira de Montellos.

A Garda Civil traballa xa en todos estes casos para poder dar co paradoiro dos delincuentes.

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade