Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumento de furtos nas zonas de paso cara os puntos de venda: "Fágoo pola droga"

Aumento de furtos nas zonas de paso cara os puntos de venda: "Fágoo pola droga"

"Son vítimas da droga que provocan ao seu paso outras vítimas, que é a veciñanza"

Entran en coches ou negocios en busca de cartos ou mercadoría para comprar unha dose

G24.gal 24/11/2026 14:46

Barrio da Ponte. De camiño ao punto de venda habitual, van buscando onde pescar algo que lles cubra a dose diaria. Escea que se repite en Rianxo, Moaña ou Ferrol.

"Miro os coches buscando uns euros, unha gorra, ..., para sacar algo. Todo pola droga. Eu levaba moito tempo na rúa", confirma un ionqui.

Non serían delincuentes, pero son drogadictos nunha mala situación. Recoñéceno eles mesmos.

"Acúsanme de diferentes delitos, sobre todo, furtos. Fágoo para sobrevivir porque estou en moi mala situación. No último, atopei unha furgoneta aberta e collín algo de peixe", confesa outro drogodependente. 

" No fondo é unha enfermidade e son vítimas pero ao mesmo tempo van deixando vítimas polo camiño, que son os veciños aos que lle rompen a ventá do coche ou lle entran na casa para levar algo, que son cousas que afectan, e despois está o medo colectivo que provoca neses barrios. A base da delincuencia á hora de cometer delitos é a pobreza", explica Víctor Feijoo, Mediador do Comité Cidadán Antisida de Ourense

Rouban algo de solto ou tamén mercadoría que poden vender, cousa pequena que máis que perdas deixa medo.

"Roubou nesta tenda, na do lado, ..., entón todos os comerciantes temos moito medo" confesa unha comerciante de Moaña.

"De ano e medio para aquí hai unha repunta nos garaxes e na vía pública de rotura de ventás, rexistro do coche e levar o que poidan aproveitar. Entendo que ten que ver coa repunta do consumo de heroína", coincide un taxista da Coruña.

As cifras oficiais non confirman esa repunta, pero si un acceso máis fácil porque agora véndese por micras, a décima parte dun gramo, menos do que custan dous bocadillos. 

"Nós a repunta da heroína non a vemos por ningunha parte. O que está máis á alza é a cocaína, fumada en base ou fumada en pedra, destilada tanto con amoniaco coma con bicarbonato", engade Víctor Feijoo.

Apóianse en cifras. Por poñer un exemplo, o Comité Antisida de Ourense chegou a repartir máis de 70.000 xeringas ao ano. Hoxe non chegan ás 200. Certo que cambiou o método de consumo. Agora fúmase. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade