Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desmantelada unha rede de construción de narcolanchas en Portugal

Desmantelada unha rede de construción de narcolanchas en Portugal

Pasan a disposición xudicial oito persoas capturadas na operación Fora de Bordo, que mobilizou axentes en oito distritos do norte e centro do país

G24.gal 26/11/2026 18:25

Pasan a disposición xudicial os 8 homes de 32 a 70 anos detidos na operación Fora de Bordo. Este operativo policial mobilizou 250 axentes da Guarda Nacional Republicana ao longo de oito distritos do centro e norte de Portugal, incluíndo o fronteirizo de Viana do Castelo.

As autoridades portuguesas dan por desmantelada unha grande rede de construción de narcolanchas. Na operación incautáronse de tres narcolanchas xa fabricadas, 13 cascos de embarcacións, 11 motores, 3.000 litros de combustible, 260.000 euros en metálico e unha gran cantidade de tecnoloxía de telecomunicacións.

Portugal aprobou recentemente unha lei contra este tipo de lanchas rápidas. Tanto no país vecino coma no sur de Galicia, aumentaron o número de detidos por esta actividade. Estas prácticas son cruciais para as descargas de droga procedente de América.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade