Polo menos tres narcosubmarinos pasan polas costas galegas cada mes
Acabar co branqueo de capitais dos narcos, reto global da loita contra o tráfico de drogas
A Fundación Galega contra o Narcotráfico organiza unhas xornadas na sede da Academia galega de seguridade
Cada mes, segundo datos da Fundación Galega contra o Narcotráfico, pasan fronte ás costas galegas, de media, uns dous ou tres narcosubmarinos. Na loita contra o tráfico de drogas está sendo capital o de interceptar tamén as narcolanchas, que seguen operando.
A finalidade dos narcotraficantes é lograr un beneficio económico o máis elevado posible. As operacións supoñen grandísimos beneficios cando acaban con éxito para os narcos, pero, se son interceptados, o que máis prexudica as mafias non é perder a cocaína ou a droga en si mesma; o punto máis vulnerable é a perda da venda ilícita desa mercadoría ilegal.
Aumenta o tráfico de drogas sintéticas, sinxelas de fabricar en laboratorios e moito máis doadas de transportar que a cocaína, que chega por mar. As narcolanchas seguen sendo utilizadas polas organizacións criminais. Tamén aumenta o uso de narcosubmarino.
A Fundación Galega contra o Narcotráfico xuntou profesionais da loita contra o narcotráfico nunhas xornadas na Academia Galega de Seguridade Pública.