Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor sae ileso tras caer por un desnivel de 25 metros no Páramo

Un condutor sae ileso tras caer por un desnivel de 25 metros no Páramo

O accidente produciuse na curva de Agreimunde, onde se rexistraron múltiples sinistros

​​​​​Ferida tras caer 30 metros por un barranco co seu vehículo en Becerreá

O tronco dunha árbore evitou que o vehículo acabase no río
Félix Aragunde 26/11/2026 13:37

Derrapou na curva, caeu por un desnivel duns 25 metros, arrastrou uns postes polo camiño e foi bater contra unha cerdeira á beira do río Sarria. Así foi o accidente dun coche que saíu da vía en Agreimunde, na parroquia paramesa de Vilafiz. Malia a súa aparatosidade, o condutor resultou ileso.

O accidente produciuse nun punto da estrada que une O Páramo coa Pobra de San Xiao onde se teñen rexistrado numerosas saídas de vía. Para que a curva deixe de ser perigosa, a veciñanza reclama melloras como a colocación de sinais luminosos. 

Hai tres anos instaláronse barreiras de protección que resultaron efectivas á hora de reducir a sinistralidade, pero neste último accidente o coche saíu da vía xusto nun punto onde non foran colocadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade