Publicador de contidos

Publicador de contidos

En marcha as unidades do Sergas para axilizar a atención das baixas por problemas músculo-esqueléticos ou mentais

En marcha as unidades do Sergas para axilizar a atención das baixas por problemas músculo-esqueléticos ou mentais

Lumbalxias, ansiedade ou depresión provocan seis de cada dez incapacidades temporais

O presidente da Xunta na inauguración do 25 Congreso Nacional da Sociedad Española de Traumatoloxía Laboral. EFE/Brais Lorenzo
G24.gal 26/11/2026 19:10

Empezan a funcionar as unidades do Sergas que buscan axilizar a atención a persoas de baixa por doenzas músculo-esqueléticas ou de psquiatría menor. Lumbalxias, ansiedade ou depresión provocan seis de cada dez incapacidades temporais. Os colexios médicos apuntan as baixas laborais como un dos grandes desafíos do sistema sanitario.

"Este incremento de procesos é unha problemática social e políticae é importante porque, ademais, detrás de cada baixa laboral hai unha persoa, un problema de saúde e moitas veces unha situación persoal, familiar e profesional complexa", di Pilar Garzón, presidenta do Consello Galego de Colexios Médicos.

Alfonso Rueda destaca a resposta de Galicia a este reto co Plan de Benestar Laboral que inclúe a posta en marcha este mes de unidades musculo-esqueléticas e de psiquitría menor para axilizar a atención ás doenzas que provocan o 60% das baixas.

"Este plan esixe moita coordinación: médicos de familia, inspección sanitaria, especialistas en traumatoloxía e todas as especialidades sanitarias que teñen que ver con ese asunto como rehabilitación. Cando falamos de saúde mental son necesarias as especialidades psiquiatría, psicoloxía. E neste plan, por suposto, hai que destacar o papel fundamental, das mutuas, asegura o presidente da Xunta.

A principios de ano porase en marcha outra das medidas deste plan, a do acompañante voluntario na incorporación ao traballo tras unha baixa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos