Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban 12.000 euros dunha casa e deixan un home coas mans atadas no Pereiro do Aguiar

Rouban 12.000 euros dunha casa e deixan un home coas mans atadas no Pereiro do Aguiar

Sábese que foron dous os ladróns e que entraron na vivenda con cadanseu casco de moto

G24.gal 01/10/2026 15:22

As forzas de seguridade investigan un roubo violento cometido nunha vivenda do municipio ourensán do Pereiro do Aguiar, onde dous individuos entraron e, tras atarlle as mans a un home maior que estaba nun dormitorio, levaron uns 12.000 euros.

Os feitos ocorreron na tarde do pasado martes, cando dúas persoas con cascos de moto entraron nunha vivenda da zona de Cachamuíña. Nese momento, no domicilio só había un home maior que se atopaba en cama e ao que ataron, antes de irse cuns 12.000 euros. Polo momento non transcenderon máis detalles sobre o ocorrido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade