Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asalto frustrado nunha nave empresarial de Lugo

Asalto frustrado nunha nave empresarial de Lugo

A propietaria achegouse á nave buscar unhas chaves e sorprendeu un grupo de persoas espreitando por alí

Tratábase de catro individuos que baixaron dun coche e se agocharon nunha zona próxima

Ao verse acurralados pola policía, fuxiron por unha zona boscosa

 

G24.gal 30/09/2026 13:55

Os feitos tiveron lugar nos arredores da nave de By Car, dedicada á compra venda de vehículos e taller, situada na estrada vella de Santiago. 

O negocio estaba pechado ao público, fóra de horario, xa de noite. 

Foi por casualidade que a súa propietaria estivese no lugar. Acudira coa súa parella buscar unhas chaves, o que lle permitiu ver un coche sospeitoso, do que baixaron catro persoas.

"Xusto coincidiu que parou un coche na propiedade do lado, baixaron catro persoas encapuchadas e agocháronse aí detrás dunhas árbores".

Observaron un tempo e despois, ao comprobar que seguían escondidos, chamaron a Policía. A primeira patrulla chegou rápido. Logo sumáronse outras catro. Non conseguiron detelos porque se meteron nunha zona boscosa.

"Ían encapuchados e vestidos con roupa escura".

A identificación é complicada porque a parella non puido verlles a cara "é imposible saber quen foi, porque entre que non se vía nada, que ían encapuchados e vestidos de negro".

"Todo quedou nun susto, e na nave traballan con total normalidade".

"O susto foi no momento", explica Belinda Adkinson, pero agora "xa non hai preocupacións porque temos unha gran seguridade na nave" e non cre que volva pasar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade