Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desestiman indemnizar unha muller pola caída nunha beirarrúa da Coruña tras tropezar cunha lastra

Desestiman indemnizar unha muller pola caída nunha beirarrúa da Coruña tras tropezar cunha lastra

A vítima reclamaba 117.000 euros tras estar hospitalizada case tres meses

G24.gal 30/09/2026 14:24

A caída que sufriu unha veciña de idade avanzada e da zona de Catro Camiños aconteceu a plena luz do día no cruzamento das rúas Pose e Alcalde Marchesi, en marzo de hai cinco anos, cando a zona aínda non era peonil. Pero no barrio aínda lembran o caso.

"Foi por unha baldosa que estaba desnivelada e a señora caeu".

Por mor da caída sufriu danos importantes que a obrigaron a permanecer hospitalizada case tres meses, porque lle tiveron que poñer unha prótese, e estivo arredor de medio ano sen poder realizar a súa vida con total normalidade. Ela entendía que a beirarrúa na que tivo o accidente estaba en malas condicións, polo que decidiu poñer unha reclamación perante o Concello, como responsable, e reclamáballe algo máis de 117.000 euros. 

"Terán que indemnizar. E non é só esa beirarrúa, hai moitas así". "Non é normal que non a indemnicen".

Pois desde o consistorio negaron a súa responsabilidade, contestando que a lastra á que facía mención a vítima estaba nunha zona ancha, no bordo da beirarrúa, e que se camiñase con atención non caería.

"Vaia. Pois eu, a pleno día, caín. Se  amañaran o que teñen que amañar". "Atento tamén vou eu, pero un pé dóbrao calquera".

A muller non parou aí a súa loita e presentou unha demanda no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, que a rexeitou, ao entender que, "malia que a caída se produciu polo desnivel da lastra, que era visible e estaba no bordo da beirarrúa, a demandante dispuña de espazo suficiente para sortear esa irregularidade".

E engade que non pode entenderse suficientemente acreditada a responsabilidade da Administración nas lesións sufridas. Con esta sentenza, a vítima presentou recurso perante o TSXG, que tamén o desestimou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade