Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha octoxenaria de Barbadás sae ilesa de milagre logo de caerlle enriba o teito da casa

Unha octoxenaria de Barbadás sae ilesa de milagre logo de caerlle enriba o teito da casa

Estaba sentada no sofá vendo a televisión cando o teito da cociña e do salón cedeu. Tan só se salvou o cuarto e o baño.

G24.gal 30/09/2026 15:14

Unha octoxenaria salvou a vida de milagre en Barbadás ao saír da súa vivenda poucos segundos antes de que se derrubara o falso teito. A muller escoitou uns ruídos e foi avisar a veciña. Polo momento descoñécese que puido acontecer. O piso quedou inhabilitable.

Virginia aínda non acaba de crer o que pasou. Eran contra oito e media da tarde. Estaba sentada no sofá vendo a televisión cando sucedeu todo. 

 O teito da cociña e do salón cedeu. Tan só se salvou o cuarto e o baño. Efectivos de emerxencias axudaron a Virgina a recoller o imprescindible.

Virginia foi acollida por unha veciña mentres non chegan os seus familiares. Dende o Concello descartan problemas estruturais no edificio e apuntan as reformas no interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade