Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio Rural dá por estabilizado o incendio de Ourol tras calcinar 50 hectáreas

Medio Rural dá por estabilizado o incendio de Ourol tras calcinar 50 hectáreas

O vento e a chuvia facilitaron as tarefas de extinción do lume, que obrigou a desaloxar durante unhas horas os veciños de cinco aldeas 

TVG TVG
G24.gal 30/09/2026 15:16

A Consellería do Medio Rural deu por estabilizado ás 13:56 horas deste mércores o incendio que comezou onte a media tarde na parroquia de Merille, no municipio lucense de Ourol, que calcinou unha superficie aproximada de 50 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais.

Os veciños das aldeas de Loibán, Sabucedo, Vilar, Leborada e Cadavosa, que este martes foron desaloxados das súas casas pola proximidade do incendio puideron regresar aos seus domicilios antes da medianoite, segundo informou a EFE o alcalde da localidade, José Luis Pajón Camba.

O rexedor local informou de que os medios de extinción están “perimetrando” con axuda de maquinaria pesada a superficie queimada, onde aínda podían verse esta mañá algúns pequenos focos de lume.

As condicións climatolóxicas axudaron a que se extinguise o lume 

En todo caso, precisou que hai poucas posibilidades de que o incendio poida reavivarse, porque o vento xa non sopra con forza e o chan “está húmido”. De feito, o tempo aliouse nas últimas horas cos medios de extinción.

Pajón recoñeceu que “onte a cousa pintaba mal”, porque o “os medios aéreos non podían intervir por mor do forte vento”, que tamén favorecía a propagación do lume.

Con todo, “á noitiña”, deixou de soprar o vento e empezou a chover, o que contribuíu a frear o avance das lapas.

Dese modo, os veciños que foran desaloxados pola tarde das súas casas, “puideron regresar ao redor das once da noite”.

O incendio comezou onte pasadas as cinco da tarde e para frear o avance das lapas, foron mobilizados 2 técnicos, 22 axentes, 23 brigadas, 20 motobombas, 4 escavadoras e 2 helicópteros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos