Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta remite ao Parlamento a nova lei contra os incendios forestais

A Xunta remite ao Parlamento a nova lei contra os incendios forestais

A lei aposta por medidas de prevención diferentes en función do nivel de risco da zona ou das características dos terreos

O texto outórgalles aos axentes a autoridade para ordenar de inmediato o desaloxo de espazos 

 

G24.gal 09/11/2026 14:22

O Goberno galego considera que a futura lei permitirá previr e loitar contra os incendios con maior eficacia. O texto está listo para a súa tramitación no Parlamento, unha vez obtivo a aprobación do Consello Forestal. A principal novidade é o enfoque baseado na experiencia propia, os medios e as condicións de cada lugar en que se vai aplicar.

A nova lei regulará específicamente as áreas de contacto entre zonas habitadas e masa forestal, e  obrigará a instalar redes de hidrantes en novas instalacións industriais ou gasolineiras situadas en zonas agroforestais.

O texto outórgalles ademais aos axentes a autoridade para ordenar de inmediato o desaloxo de espazos ou o peche de camiños, sen esperar por trámites administrativos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade