Cargando resultados...
Medio Rural fai balance do plan contra incendios da Xunta no Parlamento galego
A conselleira María José Gómez comparece á petición propia tras finalizar, a finais de outubro, a tempada de alto risco de incendios
G24.gal
03/11/2026 07:53
Ás dez desta mañá arrinca o pleno no Parlamento galego coa comparecencia á petición propia da conselleira do Medio Rural.
María José Gómez fará balance na Cámara do Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA). A comparecencia da titular da Xunta prodúcese tres días despois de que rematase a tempada de alto risco de incendios.
Poden seguir a sesión en G24.gal.