O 20 % das vivendas da Xunta sortearanse entre os que leven máis de cinco anos no Rexistro de Demandantes
O 20 % das vivendas da Xunta sortearanse entre os que leven máis de cinco anos no Rexistro de Demandantes
Anunciouno a conselleira do ramo na súa presentación no Parlamento dos orzamentos para o 2027
A Xunta quere obrigar o Estado a poñer alugueiros accesibles aos seus inmobles na nosa comunidade
A partir do ano que vén haberá cambios nos sorteos de vivenda protexida da Xunta. A conselleira María Martínez Allegue anunciou que o 20 % das novas vivendas de promoción pública para inscritos no Rexistro de Demandantes que leven máis de cinco anos de antigüidade.
A Xunta tamén quere obrigar o Estado a que alugue a prezos accesibles os inmobles que ten na nosa comunidade. "Casa 47 non poderá alugar, como está facendo agora, pisos en Vigo por 800 euros", asegurou a conselleira de Vivenda este luns no Parlamento, durante a presentación dos seus orzamentos o ano que vén.
520 millóns irán destinados a vivenda, para cumprir, di, cos obxectivos que teñen marcados, que "xa comezan xa a materializarse coa entrega de chaves ás familias galegas".
Chaves que, para o BNG, non son suficientes. Segundo a deputada nacionalista Alexandra Fernández, "tiñan que estar entregadas 1.800 chaves en 2026, e entregaron 98".
Porén, María Martínez Allegue considera que van "bastante ben, tendo 4.460 en marcha e 1.900 iniciada xa a súa execución".
Pola súa parte, os socialistas ven electoralismo nas cifras deste presuposto. Aitor Bouza, deputado do PSdeG, cualificou de "recochineo" a "capacidade de execución de propaganda" da Xunta de Galicia.
"Se alguén está facendo propaganda é o ministerio de Vivenda", replicoulle Martínez Allegue ao socialista.
A conselleira tamén anunciou que o ano que vén volverán conxelarse as peaxes da autovía A-55, que vai da Coruña a Carballo, e da A-57, entre Vigo e Baiona.