Publicador de contidos

Publicador de contidos

A esquerda galega, pendente das candidaturas de Frente Amplio e Podemos

A esquerda galega, pendente das candidaturas de Frente Amplio e Podemos

O prazo para presentar as listas ao Congreso e ao Senado remata esta medianoite

Pontón reclama concentrar o voto no BNG para darlle "mais peso a Galicia" en Madrid

Podemos e Frente Amplio aínda non deron a coñecer os cabezas de lista nas catro provincias
G24.gal 26/10/2026 14:27

A conta atrás comezou a súa fase máis crítica. Arestora a grande incógnita no espazo da esquerda galega céntrase en Podemos e Frente Amplio, que apuran o reloxo para rexistrar as súas listas definitivas antes de que remate o prazo legal, esta medianoite.  As do resto dos partidos xa son públicas. 

Na bancada socialista, José Ramón Gómez Besteiro apostou pola experiencia e o peso institucional das subdelegacións do Goberno. Obdulia Taboadela, pola Coruña e Abel Losada, por Pontevedra, encabezan senllas candidaturas. Os socialistas entran ao choque directo co PP. A formación acusa a Xunta de evitar falar de política galega. 

O BNG despois de facer oficiais as listas esta fin de semana, presentou todos os candidatos en sociedade. Ofrecen coherencia e transparencia. E piden concentrar o voto para "darlle máis peso" a Galicia en Madrid. 

No Partido Popular, a principal novidade é a presenza do exconselleiro de Sanidade Julio García Comesaña como cabeza de cartel por Pontevedra e Fabiola García, de dous pola Coruña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade