Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta e o Goberno firmarán o traspaso dos permisos de traballo o 5 de novembro

A Xunta e o Goberno firmarán o traspaso dos permisos de traballo o 5 de novembro

No mesmo acto Galicia tamén recibirá a  xestión dos aeródromos non esenciais

Rueda asegurou que con estas competencias Galicia avanza en autogoberno e faino "con sentidiño" e con transferencias que son "útiles e que melloran a vida da xente"

EFE
G24.gal 26/10/2026 15:04

O presidente da Xunta anunciou este luns que o próximo 5 de novembro o Goberno central e o autonómico celebrarán unha reunión da comisión bilateral en que asinarán o traspaso a Galicia dos permisos de traballo a estranxeiros e a xestión dos aeródromos non esenciais.

Rueda agradeceu ao ministro de Política Territorial, Ángel Víctor Torres, o traballo para facer posibles estes traspasos sen que o Goberno os obstaculizase con recursos ante o Tribunal Constitucional, como fixo previamente coa transferencia sobre o litoral.

Deste xeito, afirmou, Galicia avanza en autogoberno e faio "con sentidiño" e con transferencias que son "útiles" e que melloran a vida da xente, asegurou.

O titular da Xunta lembrou que o propio ministro dixera, cando se asinou a transferencia das competencias sobre o litoral, que a demanda de Galicia sobre permisos de traballo a estranxeiros e a xestión de aeródromos parecíalle "lóxica" e que faría o posible para que se fixese "e cumpriu", concluíu.

A transferencia dos aeródromos non esenciais afectaría a unhas corenta instalacións, maioritariamente destinadas ao uso contraincendios e servizos sanitarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade