Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta conxelará as peaxes da AG-55 e AG-57 en 2027

A Xunta conxelará as peaxes da AG-55 e AG-57 en 2027

A conselleira de Vivenda anuncia que se reservarán un 20 % das novas vivendas de promoción pública para os que estean no rexistro de demandantes con máis de cinco anos de antigüidade

Arquivo Europa Press Arquivo Europa Press
G24.gal 26/10/2026 10:58 Última actualización 26/10/2026 12:47

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, informou de que, "un ano máis", a Xunta conxela as peaxes das autoestradas autonómicas, a AG-55 e a AG-57, para 2027. En paralelo, reivindicou a "madurez" que alcanza o seu "compromiso" en materia de vivenda, xa que "empeza a materializarse" coa entrega de chaves.

"Un ano máis, conxelamos as peaxes das nosas autoestradas autonómicas, AG-55, AG-57, blindando as bonificacións", resaltou a conselleira na súa intervención en comisión parlamentaria, onde presenta este luns os orzamentos do seu departamento.

Vivenda

Unhas contas das que destacou o "grande esforzo" e a "aposta histórica", ao crecer un 5 %, ata 588 millóns, segundo os seus números.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) dispoñerá, de acordo coas súas cifras, de 293 millóns, un 8,5 % máis; e a Sociedade Pública de Vivenda (Vipugal) eleva un 188 % os seus recursos, ata 224 millóns, ao que sumou 2,7 millóns para rehabilitación no centro histórico de Vigo.

Así as cousas, situou en 520 os millóns para vivenda, "un 50 % máis que o ano pasado", deles, "326, o dobre do ano pasado", para construír "novos fogares".

En materia de infraestruturas, apuntou que son 265 millóns para a Axencia Galega de Infraestruturas.

Medidas da lei de acompañamento 

A maiores, Allegue sinalou algunhas das medidas que incorpora o seu departamento a través da coñecida como lei de acompañamento, como a que afecta as vivendas de Casa 47, que "non poderá alugar pisos por 800 euros en Vigo" e a "nova reserva de vivendas para as novas promocións para aquelas persoas que leven máis tempo inscritas" no rexistro de demandantes.

"Así, reservamos un 20 % das novas vivendas de promoción pública para rexistrados no rexistro de demandantes que leven máis de cinco anos de antigüidade. Esta porcentaxe aplicarase tanto ao réxime xeral, á cota xeral, como ás cotas que acabamos de mencionar", resaltou a conselleira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade