Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tempo de chemineas limpas e seguras

Tempo de chemineas limpas e seguras

Os desfeluxadores recomendan unha limpeza profesional alomenos cada dous anos

Os novos cepillos de fricción permiten unha retirada das feluxes moito máis intensa

Un traballo dun técnico pode achegarse aos 120 euros e garante desfrutar dunha vivenda quente con total seguridade

G24.gal 24/10/2026 14:48

Manuel leva no oficio da limpeza de chemineas máis de 22 anos, pero é que xa aprendera todos os segredos deste oficio anos antes en Suíza. E un dos seus consellos básicos é que estas instalacións necesitan un mantemento periódico para evitar sustos ou mala combustión da leña. 

"Empeza a saír fume pola cheminea porque está tapada ou hai moita borralla, e xa non vai. Se a chimenea estivese sucia botaría fume, pero cando lle queiman leña verde, e iso pega na cheminea, a criosota (a feluxe ) é a que arde", explica Manuel Casal, desfeluxador de "Tecnochimeneas" en Teo.

O oficio de desfeluxador tamén evoluciona co tempo, aproveitando as novas tecnoloxías como os cepillos flexibles de fricción.

"Vou moito  a Alemania para ver as últimas tecnoloxías. Foi cando trouxen este sistema de barrido que anda o cepillo darredor e limpa moito mellor a cheminea que un cepillo manual", indica Manuel.

Un dos maiores erros que se cometen é de non respectar o tempo de secado da madeira. Cando arde a leña acabada de cortar desprende substancias que acaban impregnando a cheminea de feluxe. Iso obstaculiza a saída do fume e mesmo pode chegar a prender lume.

"A xente compra a leña en marzo ou abril e está queimando en outubro ou novembro, e iso non se pode facer", sentenza este especialista na retirada de refugallos destas instalacións.

Os especialistas recomendan proceder á limpeza dos condutos antes de chegar o frío.

"Estou recomendando limpar cada dous anos. Hai xente que me chama cada ano, pero eu o mínimo digo cada dous anos", lembra Manuel Casal.

Unha limpeza profesional anda polos 120 euros e ademais obtense un xustificante que constata o mantemento da cheminea, un traballo que tamén é necesario nas estufas de leña, pellets ou de gasóleo, co fin de pasar un inverno sen frío e sobre todo sen sustos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade