A Xunta lanza a segunda edición do Bono Activa Comercio de 2026
Os usuarios poderán descargar o bono desde deste mércores para poder acceder aos descontos, que poderán ser de ata 30 euros
O Consello da Xunta aprobou este luns o lanzamento dunha nova edición do Bono Activa Comercio que se poderá descargar a partir desde mércores para obter descontos nos comercios de proximidade.
En total a Xunta destinará a esta iniciativa 2,5 millóns de euros, para tratar de mobilizar 8,5 millóns en compras.
Os descontos, segundo explicou Alfonso Rueda, serán de ata 30 euros por bono. A rebaixas que se alcancen serán en función do valor dos produtos adquiridos: 5 euros para compras de entre 20 e 30 euros, 10 euros para as que van de 30 a 50 e 15 para as que superen os 50 euros.
Esta será a segunda edición destes bonos de desconto neste 2026, e a novidade nesta ocasión será que os comercios que se adheriron ao programa nas anteriores edicións non terán que volver darse da alta para participar nesta.