A CSAG busca a banda sonora do Nadal 2026
Os medios públicos convocan este luns un concurso para elixir a canción única, orixinal e integramente en galego coa que celebrar e facer brillar as festas
As propostas teñen que ser inéditas, orixinais e 100 % en galego
A canción gañadora levará 1.500 euros e soará nas canles públicas todo o Nadal
A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) abre hoxe o prazo de presentación de propostas ao concurso 'A canción do Nadal 2026'’. Un ano máis, a canción gañadora deste certame soará nas canles dos medios públicos no mes de decembro, e levará ademais un premio de 1.500 euros brutos.
O prazo estará aberto ata o 9 de decembro, e despois o xurado, formado por cinco persoas designadas pola dirección da canle, seleccionará o tema gañador, valorando súa a orixinalidade, calidade técnica e valor audiovisual.
Tanto as bases como o formulario oficial de participación atópanse en www.csag.gal. Entre outras cuestións, as bases recollen que o tema ten que ser orixinal, inédito e estar escrito integramente en lingua galega. As propostas poden enviarse en formato audio MP3 e, de xeito opcional, acompañadas por un vídeo musical, ao enderezo electrónico canciondonadal2026@csag.gal.
Esta será a décimo segunda edición deste popular certame, que o ano pasado gañou Hugo Torreiro coa canción ‘Fogar’.