Correos emite un selo dedicado ao Nadal de Vigo
A empresa sinala que ten un valor de Tarifa A, válido para envíos nacionais, e que é unha tirada ilimitada
Correos
Correos emite este mércores o selo 'Cidades de Nadal. Vigo', que se pon en circulación dentro da serie 'Nadal 2026', que inclúe emisións relacionadas con costumes, simbolismos e patrimonio: desde beléns ata escenas de cidades do Nadal, pasando por tradicións ancestrais.
Tal e como trasladou a entidade, Vigo e as súas luces son as protagonistas do novo selo, cun valor de Tarifa A (válido para envíos nacionais) e unha tirada ilimitada.
Selo Nadal de Correos 2026 / Correos
A emisión pode adquirirse nas oficinas de Correos, a través de Correos Market, contactando co Servizo Filatélico en atcliente.filatelia@correos.com, ou chamando ao 915 197 197.
O selo mostra unha das estampas do Nadal máis emblemáticas de Vigo: a Porta do Sol iluminada e presidindo, no centro, a grande árbore do Nadal.