Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos adiantan a planificación das reservas para as ceas do Nadal

Os galegos adiantan a planificación das reservas para as ceas do Nadal

Os restaurantes comezan a recibir as primeiras reservas para as datas de celebración

A hostelaría advirte de que en novembro chegarán máis reservas de empresas e familias

G24.gal 10/10/2026 21:07 Última actualización 10/10/2026 22:13

Con amigos, con familia ou con compañeiros de traballo. Saír a cear nas datas do Nadal sempre é unha boa opción, pero moito ollo o que teña previsto deixar a reserva para a última hora.  Este ano os restaurantes xa están enchendo ocos nas axendas ante un adianto dos máis previsores.

"O venres e o sábado hai comidas practicamente só de empresa. O día 25 son comidas case todas de familia", explica Julio Brenlla, propietario do restaurante Mar de Esteiro.

O perigo de quedar sen mesa nunhas datas tan especiais empurra os galegos a reservar en outubro. Moitos están xa comparando prezos e facendo a planificación para dividirse entre o traballo e a familia.

"Non me parece cedo. Despois intentas reservar e é imposible. Cada ano é máis difícil".

"Cea de empresa si. Xa está reservada, pero esa non a organizo eu e xa leva tempo planificada".

O aumento do custo de vida tamén inflúe na organización desta festividade e dende os locais optan por intentar non aumentar a factura final.

"Tratamos de ofrecer prezos asequibles. Entre os 60 euros, incluido o mesmo menú e unhas copas", concreta Julio Brenlla.

Hai quen di que pagar merece a pena e que as reservas nos restaurantes son a mellor opción. Menos preocupacións, menos traballo e máis tempo de diversión. 

"Non traballas tanto, non tes que limpar despois e todo é máis sinxelo".

Así que atentos os que os que aínda non teñan escollida a súa opción, porque dende a hostelaría prevén que a entrada de novembro enchará xa moitas mesas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade