Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nora e o mercado poderían trasladarse do centro de Vigo a Vialia no vindeiro Nadal

A nora e o mercado poderían trasladarse do centro de Vigo a Vialia no vindeiro Nadal

A Asociación de Veciños Zona Centro de Vigo é quen informou dese traslado, pero o Executivo local de momento nin confirmou nin desmentiu ese cambio de localización 

A nora e o mercado Cíes Market levan anos provocando as protestas dos residentes na contorna da praza de Compostela e Colón 

Veciños e comerciantes da zona de Vialia advirten de que a nova localización provocará moitos problemas de tráfico  

TVG
G24.gal 28/09/2026 16:42

A nora podería cambiar de localización no Nadal vigués. A asociación de veciños zona centro de Vigo asegura que se vai trasladar xunto co mercado Cíes Market a Vialia. Deixaría o cruzamento da Alameda con Colón, onde os veciños levan anos protestando polo ruído e os problemas de tráfico.

"Para os veciños que están máis preto da zona cero vai ser unha solución, pero sempre tamén temos dito que non lle desexamos a ningún veciño de Vigo, vivise onde vivise, que tivese que sufrir o que sufrimos nós", asegura Alba Novoa, portavoz da Asociación de Veciños Zona Centro de Vigo.

Dende o Concello de Vigo nin confirman nin desmenten ese posible cambió de localización cara ao centro comercial Vialia.

"O Nadal de Vigo é un éxito incontestable. Este ano aínda o será máis e estamos tomando decisións con este obxectivo. Xa levamos tempo ampliando o nadal a outras zonas da cidade", afirma Carlos López Font, voceiro do Goberno vigués.

Os veciños que despedirían as atraccións pensan que mellorará a situación.

"Isto está cheo de xente e a xente non é cívica. Eu agradezo que o movan polo menos un par de anos para estar relaxados".

"Claro, eu son veciña entón me parece moi ben o traslado".

E os que as recibirían son cautelosos, por medo aos problemas de tráfico.

"O problema que imos ter aquí é a masificación de tráfico".

"Hai máis xente, a rúa vai estar máis bonita, pero o problema aquí vai ser o tráfico".

Tanto a nora como o Cíes Market estiveron preto de dous meses funcionando no último Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade