Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta a venda de lotaría do Nadal en Santiago pola grande afluencia de visitantes en agosto

Aumenta a venda de lotaría do Nadal en Santiago pola grande afluencia de visitantes en agosto

Turistas e peregrinos aproveitan para mercar xa en verán algún décimo de Nadal e levalo tamén de agasallo para familiares e amigos

Moitos fan longas colas nas Administracións de lotaría máis populares

G24.gal 23/08/2026 21:17

As administracións de lotaría de Santiago experimentan un notable aumento de vendas pola grande afluencia de visitantes durante o verán. Turistas e peregrinos aproveitan para mercar xa en agosto algún décimo de Nadal e levalo tamén de agasallo para familiares e amigos.

"Somos de Alacant, viñemos facer o Camiño, xa que estamos aquí imos levar un décimo para as tres a ver se temos sorte. Viñemos esta mañá e había moita cola", di unha peregrina.

Os compradores terán que esperar aínda uns meses para ver se hai sorte.

Moitos peregrinos e turistas aproveitan as vacacións para levar algún décimo de Nadal e as vendas aumentan notablemente xa en agosto.

"Veño de Zaragoza e fago cola porque teño unha amiga moi loteira da lotería do Nadal, pasei por aquí vin moita cola e pensei pois esta Administración ten que dar moito premio", di outra turista.

"Por ser pobres e a única esperanza é esa, tamén por diversión", comenta outro visitante.

E os que non son turistas nin peregrinos tamén están dispostos a facer cola.

"Pois paréceme unha gran tontería pero é así cada vez que espero aquí para mercar un décimo de lotería no mes de agosto... pero como teño tempo", di un home galego. 

Na administración de lotaría de Porta Faxeira, unha das máis populares en Santiago, teñen rigleiras durante todo o día. A maiorías dos visitantes aproveitan para levar décimos de agasallo para familiares e amigos. Ademais a disponibilidade de números é maior por estas datas.

"Para levarnos un recordo e se nos toca pois benvido sexa", asevera outra visitante. 

"A ver se este ano Santiago dános a sorte", di outro turista.

O décimo para o sorteo do 22 de decembro convértese tamén para algúns peregrinos nun recordo do Camiño. 

Moitos din que paga a pena facer cola por mercar un chisco de ilusión. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade